domingo, 18 de agosto de 2013

Non paramos de traer novidades! Esta vez un pouco máis técnicas do habitual. Incorporamos dúas novas sondas á estación cargadas ata arriba de sensores. A maioría deles son para uso científico (osíxeno disolto, clorofila, pH, salinidade, etc.) pero os datos están igualmente dispoñibles para todo o mundo na sección de ciencia de torallamar.info.

A parte diso, aos que vos mergullades por esta zona pódenvos interesar dúas medidas:

  • temos unha nova medida de temperatura da auga un pouco máis profunda (1.5 m) que a que estaba (0.5 m).
  • temos tamén un sensor de turbidez que nos axuda a facernos unha idea da visibilidade baixo a auga.
Como estamos a empezar, preparamos unha escala de visibilidade segundo o que encontramos noutros sitios, pero se vedes que a visibilidade que damos non está ben, dicídenos cal é a que había e en que data e hora e irémola corrixindo.

Ambas as dúas medidas están dispoñibles na sección "profesional/deportes" de torallamar.info e na sección de ciencia. Na páxina de público en xeral manteremos a temperatura a 0.5 m que é a que senten l@s usuari@s da praia cando se bañan.




martes, 13 de agosto de 2013

Engadido link á Webcam do Vao

Por aclamación popular na caixa de correo de suxestións, engadimos torallamar.info unha icona que leva directamente ao webcam do Vao de Webcams de Galicia. Moitas grazas a tod@s polas vosas suxestións, consellos e por escribirnos en xeral. Non vos facedes idea do motivadoras que son as vosas mensaxes.

venres, 9 de agosto de 2013

Recortes de prensa, televisión e radio

Dende que arrancamos recibimos un grande apoio dos medios locais e rexionais. Esta é unha recompilación das nosas aparicións nos medios.

Entrevista en "Vigo Hoy por Hoy" 2 septiembre 2013






Noelia Otero entrevístanos o día 2 de setembro de 2013 no programaVigo Hoy por Hoy de Radio Vigo- Cadea Ser para que lle contemos cal foi a acollida do servizo e polos nosos plans de futuro.

Entrevista en "Vigo Hoy por Hoy" 7 agosto 2013







Noelia Otero entrevístanos o día 7 de agosto de 2013 no programa "Vigo Hoy por Hoy" de Radio Vigo-Cadea Ser e pregúntanos sobre torallamar.info.









Tacho Jiménez, Jesús Núñez e Begoña Fontenla entrevístannos sobre Torallamar para o programa A Revista Televisión de Galicia emitido o 6 de agosto de 2013.






Titular: Unha web da Universidade informa do estado de praias próximas a Toralla









Antía Díaz entrevístanos en Raio Voz, dentro do programa Esperta Galicia para que lle falemos sobre a estación do Observatorio Oceanográfico de Toralla



Titular: Toralla estrea o seu propio observatorio oceanográfico.






Titular: Toralla estrea un observatorio oceanográfico e meteorolóxico

Engadida dirección do vento en graos

Recibimos esta mañá na nosa caixa de correo de suxestións unha petición para que engadísemos a dirección do vento en graos para os que practicades deportes náuticos.

Pois desexo concedido. Agora, na sección de deportes/profesional e cando consultades o vento en nós na versión móbil tedes tamén esa información.

xoves, 8 de agosto de 2013

Torallamar xa ten blog!

Benvid@s ao blog de torallamar.info!

Aquí iremos recompilando as noticias máis destacadas sobre o Observatorio Oceanográfico da Illa de Toralla, instalado e mantido pola Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo (ECIMAT)