A parte diso, aos que vos mergullades por esta zona pódenvos interesar dúas medidas:
- temos unha nova medida de temperatura da auga un pouco máis profunda (1.5 m) que a que estaba (0.5 m).
- temos tamén un sensor de turbidez que nos axuda a facernos unha idea da visibilidade baixo a auga.
Ambas as dúas medidas están dispoñibles na sección "profesional/deportes" de torallamar.info e na sección de ciencia. Na páxina de público en xeral manteremos a temperatura a 0.5 m que é a que senten l@s usuari@s da praia cando se bañan.