domingo, 18 de agosto de 2013

Non paramos de traer novidades! Esta vez un pouco máis técnicas do habitual. Incorporamos dúas novas sondas á estación cargadas ata arriba de sensores. A maioría deles son para uso científico (osíxeno disolto, clorofila, pH, salinidade, etc.) pero os datos están igualmente dispoñibles para todo o mundo na sección de ciencia de torallamar.info.

A parte diso, aos que vos mergullades por esta zona pódenvos interesar dúas medidas:

  • temos unha nova medida de temperatura da auga un pouco máis profunda (1.5 m) que a que estaba (0.5 m).
  • temos tamén un sensor de turbidez que nos axuda a facernos unha idea da visibilidade baixo a auga.
Como estamos a empezar, preparamos unha escala de visibilidade segundo o que encontramos noutros sitios, pero se vedes que a visibilidade que damos non está ben, dicídenos cal é a que había e en que data e hora e irémola corrixindo.

Ambas as dúas medidas están dispoñibles na sección "profesional/deportes" de torallamar.info e na sección de ciencia. Na páxina de público en xeral manteremos a temperatura a 0.5 m que é a que senten l@s usuari@s da praia cando se bañan.




Ningún comentario:

Publicar un comentario